Aberto o prazo para anotarse nas actividades deportivas de Taboadela para este curso

OurenseXa
O período de inscrición permanecerá aberto ata o 22 de setembro
Imaxe recurso deportes
14 Sep 2025

O Concello de Taboadela ten aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades dirixidas que se desenvolverán no Pavillón Municipal durante o curso 2025/2026. A oferta inclúe ximnasia de mantemento, zumba, tiro con arco e fútbol sala infantil.

O período de inscrición permanecerá aberto ata o 22 de setembro, mentres que as clases comezarán no mes de outubro.

A programación establece que as sesións de ximnasia se impartirán os martes e xoves de 19:15 a 20:00 horas, seguidas das clases de zumba no mesmo horario de 20:15 a 21:00 horas. O fútbol sala infantil desenvolverase os mércores de 17:00 a 18:00 horas, mentres que o tiro con arco terá lugar os sábados de 11:00 a 12:30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.2436420917511