Aberto o prazo para anotarse no Programa Concilia Semana Santa da Peroxa

O Concello da Peroxa pon en marcha un ano máis o programa Concilia Semana Santa, unha iniciativa que ten como obxectivo proporcionar un espazo de lecer para o nenos e nenas do municipio durante as vacacións.
As actividades desenvolveranse os dás 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril para nenos e nenas de 4 a 16 anos de idade. As inscricións deberán formalizarse no Concello e o programa será totalmente gratuíto para os empadroados na Peroxa, mentres que para o resto o custo será de 20 euros.