Aberto o prazo para anotarse no programa ‘Concilia Verán 2025’ de Allariz

O Concello de Allariz pon en marcha unha nova edición do programa 'Concilia Verán', unha iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais a posibilidade de que os seus fillos e fillas ao longo das vacacións de verán poidan optar a esta proposta de conciliación.
O obxectivo principal deste programa, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, é o goce no tempo vacacional, dos e das participantes, no que tanto as actividades programadas, como as propostas propicien un ambiente de confianza no que todos e todas poidan vivir unha experiencia enriquecedora fóra o seu entorno cotiá. Fomentaranse habilidades, a convivencia , a cooperación, o respecto e promoveranse valores positivos nun entorno lúdico e educativo.
As solicitudes poderán presentarse dende este martes, 13 de maio, ata o vindeiro 23 de maio nas oficinas de Servizos Sociais do Concello, no Fogar dos Maiores de Allariz, de forma presencial ou chamando ao 988 554 059. As actividades desenvolveranse por quincenas entre os meses de xullo e agosto.