Aberto o prazo para asistir á recepción dos Reis Magos en Nogueira de Ramuín

OurenseXa
Os nenos e nenas de entre 0 e 10 anos que queiran asistir e recibir o seu agasallo poden anotarse ata o 30 de decembro
parada-de-reis-nogueira-de-ramuin
11 Dec 2025

O Concello de Nogueira de Ramuín abriu o prazo de inscrición para que as nenas e nenos de entre 0 e 10 anos, empadroados no municipio, poidan asistir á Parada de Reis que terá lugar o próximo 5 de xaneiro de 2026 na praza de Luíntra. Os Reis Magos chegarán ás 16:00 horas para recibir aos pequenos e entregarlles os seus agasallos.

Ademais da recepción aos Reis, haberá inchables e xogos infantís para que as familias desfruten xuntas. No caso de que o tempo non permita celebrar o acto na praza, este trasladarase ao pavillón municipal.

A data límite para inscribirse e asegurar o agasallo é o 30 de decembro de 2025.

⚙ Configurar cookies
0.076964855194092