Aberto o prazo para inscribirse no concurso dos Maios de Allariz

A vila de Allariz acollerá o vindeiro xoves 30 de abril unha nova edición da celebración dos Maios, unha das festas tradicionais máis representativas da primavera galega.
A celebración terá lugar na Alameda, onde desde as 11:30 horas se poderá visitar a exposición de Maios e comezará o canto de coplas, unha das expresións máis características desta festividade. A xornada contará tamén coa ambientación musical do Grupo de Gaitas De Pé Feito.