Aberto o prazo para participar no concurso de comparsas do Entroido de Nogueira de Ramuín

As inscricións poden facerse ata o 12 de febreiro a través do Departamento de Cultura
entroido-nogueira-2026
1 Feb 2026

O Concello de Nogueira de Ramuín abriu o prazo de inscrición para o concurso de comparsas do Entroido 2026.

Este ano, os premios para as comparsas serán de 350 euros para o primeiro posto, 250 euros para o segundo e 150 euros para o terceiro. Ademais, entregarase unha achega de 75 euros a cada comparsa participante, agás ás tres primeiras clasificadas.

O prazo para inscribirse remata o 12 de febreiro e as inscricións poden realizarse a través do Departamento de Cultura chamando ao 988 201 023.

⚙ Configurar cookies
0.081027984619141