Aberto o prazo para solicitar as axudas a asociacións de comerciantes da provincia

OurenseXa
Os interesados en participar en dita convocatoria xa poden presentar a súa solicitude ata o 10 de abril
Inorde_axudas_comercio
Aberto o prazo para solicitar as axudas a asociacións de comerciantes da provincia
28 Feb 2024

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar hoxe as bases da convocatoria que regulan a tramitación e concesión de subvencións para o financiamento de accións de dinamización e promoción do comercio local, realizadas por ditas entidades ou por asociacións empresariais municipais ou comarcais da provincia das que formen parte comerciantes durante este ano.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, destinará nesta convocatoria un orzamento máximo de 42.000 euros para colaborar coas demandas das asociacións da provincia, apoiándoas no desenvolvemento das súas actividades para impulsar o comercio de proximidade.

Segundo as bases, consideraranse accións de dinamización e promoción do comercio local, entre outras, as exposicións e certames orientados á comercialización de produtos locais e ás campañas dirixidas á captación de socios e potenciais clientes. Cada entidade interesada presentará un único proxecto relativo a unha acción ou a un conxunto de accións. En todo caso, só poderán ser obxecto de subvención os proxectos cuxo orzamento sexa, como mínimo, de 4.000 euros, sendo o importe total máximo do proxecto de 7.000 euros. A contía da axuda pode alcanzar ata o 80% do investimento, non podendo superar os 5.600 euros.

Os interesados en participar en dita convocatoria xa poden presentar a súa solicitude ata o 10 de abril de 2024. As solicitudes, subscritas polo representante legal da entidade interesada, serán dirixidas á Presidencia do Inorde e presentaranse de forma telemática, a través do Rexistro Xeral da sede electrónica da Deputación de Ourense, (https://sede.depourense.es/), dentro do catálogo de trámites do rexistro electrónico, no que se utilizará o trámite denominado “solicitude de propósito xeral”.

0.10495805740356