Aberto o prazo para solicitar o Cheque Bebé 2026 no Concello de Toén

O Concello de Toén ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Cheque Bebé 2026, unha axuda económica destinada a apoiar o nacemento ou adopción dun fillo ou filla durante este ano. A contía da axuda será de 250 euros por cada menor nado ou adoptado, e o pagamento realizarase mediante unha tarxeta que se poderá utilizar para cubrir gastos relacionados coas necesidades básicas do menor.
Poderán beneficiarse desta axuda pais, nais ou titores legais sempre que o nacemento ou adopción se produza entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026, que estean empadroados no Concello de Toén cunha antigüidade mínima dun ano e que o menor tamén estea empadroado no domicilio da persoa solicitante.
As solicitudes poderán facerse no Rexistro Xeral do Concello ou a través dos medios electrónicos previstos na Lei 39/2015, e as persoas interesadas poden obter máis información nos Servizos Sociais do Concello de Toén.