Aberto o prazo para solicitar o servizo de transporte escolar para alumnado de Bacharelato do IES Ferro Couselo

OurenseXa
No caso de que queden prazas vacantes, tamén poderán inscribirse estudantes do IES Universidade Laboral
Transporte escolar
21 Jul 2025

O Concello de Barbadás pon a disposición das familias do municipio un servizo de transporte escolar para o alumnado matriculado en 1º e 2º de Bacharelato do IES Ferro Couselo durante o curso 2025/2026.

Este servizo, explican desde o concello, está pensado para cubrir o ciclo no que a Consellería de Educación non ofrece transporte. Ademais, no caso de que queden prazas vacantes unha vez asignadas todas as do IES Ferro Couselo, tamén poderán inscribirse estudantes do IES Universidade Laboral, que serán admitidos por orde de entrada das solicitudes.

O horario do transporte adaptarase ao establecido polo IES Ferro Couselo para o próximo curso escolar. As inscricións poderán presentarse ata o 2 de setembro de 2025 e o custo será de 10 euros nos meses de setembro e xuño, e de 20 euros de outubro a maio.

⚙ Configurar cookies
0.42804408073425