Aberto o prazo para votar as mellores fotos do II Concurso Fotográfico de Nadal de Amoeiro

OurenseXa
Estará aberto ata o vindeiro 25 de xaneiro
Foto-concurso-nadal-amoeiro
17 Jan 2026

O Concello de Amoeiro abriu o prazo de votación popular para elixir as tres fotografías gañadoras do II Concurso Fotográfico de Nadal de Amoeiro, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade e a ollada artística da veciñanza durante as festas do Nadal.

A elección das imaxes premiadas realizarase a través de votación popular entre todas as fotografías participantes que aparecen publicadas no Facebook oficial do Concello de Amoeiro. As persoas interesadas en votar poderán facelo interactuando con cada unha das imaxes. Cada interacción positiva —“gústame”, “encántame”, “divírteme”, “impórtame” ou “asómbrame”— contabilizará como un punto a favor da fotografía. No caso de producirse, as interaccións negativas non restarán puntos.

As votacións permanecerán abertas ata as 19:00 horas do vindeiro 25 de xaneiro de 2026, e só serán válidas as realizadas na publicación habilitada na rede social Facebook.

As tres fotografías máis votadas recibirán un premio consistente nun lote de produtos de empresas locais: Avícolas Amoeiro, a Adega Terras Mancas e A Melería de Trasalba, reforzando así o compromiso do Concello de Amoeiro co apoio ao tecido económico e produtivo do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.080685138702393