Abre o prazo de inscripción nas actividades infantís dos entros cívicos municipais de Ourense

O Concello de Ourense abre este luns, 10 de novembro, o prazo de inscrición para participar nas actividades infantís que se desenvolverán nos cinco centros cívicos municipais: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo.
O programa, dirixido a nenos e nenas nados entre 2016 e 2022, arrancará o 17 de novembro e incluirá sesións de luns a xoves polas tardes (de 17:30 a 19:00 horas) e os sábados pola mañá (de 11:00 a 12:30 horas) para alumnado de Educación Infantil e Primaria.
No caso do centro cívico da rúa Colón, tamén se ofrecerá apoio escolar para estudantes de 5º de Primaria a 2º de ESO, os luns, mércores e xoves de 16:00 a 17:30 horas.
As familias interesadas poden inscribirse desde hoxe a través da web do Concello ou directamente nos centros cívicos. O prazo permanecerá aberto de forma indefinida.