Abre o prazo para participar no II Concurso Fotográfico do Nadal do Concello de Amoeiro

O Concello de Amoeiro convoca o II Concurso Fotográfico do Nadal, aberto a todas as persoas, maiores e menores, que cumpran as bases do certame.
As fotografías poden enviarse desde este sábado, 6 de decembro, ata o 10 de xaneiro de 2026, ambos incluídos, ao correo electrónico comunicacion@amoeiro.gal.
As imaxes deben estar tomadas exclusivamente no concello de Amoeiro e poden mostrar diversos recursos paisaxísticos, como edificacións de interese cultural, históricas, rurais, paisaxes naturais, muíños, fervenzas, ríos, embalses, camiños ou sendeiros.
O concurso premiará as tres fotografías máis votadas con lotes de produtos locais das empresas Avícolas Amoeiro, Adega Terras Mancas e A Melería de Trasalba.