Abren ao público as atraccións infantís do Xardín do Posío
As atraccións infantís do Xardín do Posío abren este luns para os nenos e nenas da cidade, que poderán gozar delas ata o 6 de xaneiro. A iniciativa forma parte do programa de actividades de Nadal posto en marcha polo Concello de Ourense.
Ademais, a partir do venres, 20 de decembro, instalarase tamén o xa tradicional carrusel na Praza Maior, que estará ata o 4 de xaneiro de 11.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas, excepto os días 15 de decembro e 1 de xaneiro, que só abrirá polas tardes entre as 17.00 e as 20.30 horas.
O mesmo venres, 20 de decembro, terá lugar un espectáculo de neve na Praza Maior ás 19.00 horas, e tamén comezará a funcionar a Carroza Musical, que percorrerá a cidade entre as 19.00 e as 21.00 horas.
Para rematar a semana, o sábado, 21 de decembro, Papá Noel e o seu séquito percorrerán as rúas da cidade, e o domingo estará recibindo aos nenos e nenas no Poboado de Nadal, situado na Praza de Bispo Cesáreo, entre as 18.00 e as 21.00 horas.