Abren ao público os xogos acuáticos da Alameda do Cruceiro

OurenseXa
As instalacións estarán en servizo todos os días até o 15 de setembro
Parque infantil, Ourense
15 Jun 2025

O Concello de Ourense abre este domingo ao público os xogos acuáticos da Alameda do Cruceiro, na rúa Concello, e as fontes transitables dos Parques de Angelita Paradela, Ingabad e As Zapatillas, para a tempada de verán 2025. Estas instalacións estarán en servizo todos os días até o 15 de setembro.

Os xogos da Alameda do Cruceiro estarán á disposición da cidadanía todos os días, de 10.00 a 21.00 horas e contarán cun monitor polas tardes, de 16.30 a 21.00 horas. Ademais, de 18.00 a 19.00 horas desenvolveranse diferentes actividades de dinamización do espazo, organizadas por días da semana: os luns, globoflexia; os martes, obradoiros de pulseiras; os mércores, tatuaxes; os xoves, papiroflexia, e os venres, ambientación musical, pintacaras e as actividades da semana que tivesen maior aceptación.

As fontes transitables tamén estarán en servizo até o día 15 de setembro, de 10.00 a 21.00 horas nos parques de Angelita Paradela, Ingabad e As Zapatillas.

⚙ Configurar cookies
0.17271900177002