Abren as inscricións para a Festa e Concurso Infantil de Disfraces do Entroido de Barbadás

OurenseXa
A actividade terá lugar o 16 de febreiro no Espazo Infantil do Parque da Solaina
festa-infantil-entroido-barbadas
6 Feb 2026

O Concello de Barbadás abre este venres o prazo de inscrición para o Concurso Infantil de Desfraces, unha das actividades máis esperadas do Entroido polos nenos e nenas do municipio. Esta iniciativa está dirixida a todo o público infantil, polo que o goberno local anima ás familias a participar coa creatividade e diversión que caracteriza a esta festa.

Para formalizar a inscrición, os interesados deberán anotarse no Espazo Infantil do Parque da Solaina da Valenzá, en horario de 16:00 a 20:00 horas. O prazo de inscrición comeza mañá e estará aberto ata o venres 13 de febreiro.

O concurso celebrarase, como é tradición, o luns 16 de febreiro no mesmo Espazo Infantil do Parque da Solaina. A festa dará comezo ás 16:30 horas e incluirá música, sorpresas e xogos para garantir a diversión dos pequenos. Os participantes desfilarán por unha pasarela divididos en categorías segundo as idades, e ao final da xornada anunciaranse os disfraces gañadores.

⚙ Configurar cookies
0.092347860336304