ACADAR presenta en Ourense una nova guía sobre violencia sexual
A Asociación Mujeres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) presentou no centro de atención diurna que COGAMI ten nas instalacións da asociación Aixiña de Ourense unha guía sobre violencia sexual dixital cara as nenas e mulleres con discapacidade.
As encargadas de falar sobre esta guía foi a membro da xunta directiva da entidade, Lorena Quintas, xunto a integrantes do equipo técnico de ACADAR, ás que se lles uniu a técnica de COCEMFE, Diana Valeras.
Financiada a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade, esta guía nace co obxectivo de poñer ao dispor da sociedade un recurso para coñecer, previr, identificar e erradicar a violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade.
Dirixida principalmente ás mulleres e nenas con discapacidade e, por extensión, á súa contorna próxima como son familiares, amizades e profesionais de referencia, esta guía tamén pode resultar de interese para calquera outra persoa que non teña relación co ámbito da discapacidade.
Esta nova guía que desde ACADAR están a presentar por diferentes centros e entidades que COGAMI ten por toda a Comunidade, é a continuidade doutras guías inéditas anteriores a esta que elaborou a entidade como a de Violencia contra as mulleres con discapacidade. Durante o mes de abril están previstas outras presentacións nas provincias da Coruña e Lugo.