Acordo unánime na Deputación de Ourense para esixir á Xunta a xestión pública do CAPD
O Pleno da Deputación de Ourense aprobou unha moción conxunta presentada por todos los grupos políticos da corporación provincial en apoio dunha xestión pública e directa do futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense. Con este fin pídese á Consellería de Política Social e Igualdade que declare a este centro como público de xestión directa. O texto recolle tamén una petición para que as instalación entren en funcionamento no primeiro trimestre de 2025, así como incluír a partida orzamentaria correspondente para dotar de persoal funcionario ao centro.
No pleno deste venres, aprobouse tamén unha moción do PSdeG para instar á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, á dinamización do plan reitor do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no que afecta ás medidas de uso, xestión, emerxencias, actuacións, seguimento e avaliación, organización e programa financeiro. Pídese prioridade para poñer en marcha dos órganos de dirección, xestión e unha xunta reitora con representantes da corporación provincial e os concellos de Bande, Lobeira, Muíños, Lobios, Entrimo e Calvos de Randín. Ínstase tamén a desbloquear investimentos.