Acougo organiza en Barbadás unha charla informativa sobre o acollemento familiar

A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) impulsa unha charla informativa en Barbadás centrada no sistema de protección e no acollemento familiar como ferramenta fundamental para garantir o benestar de nenos, nenas e adolescentes que non poden vivir coas súas familias de orixe.
A sesión está concibida como un espazo para dar a coñecer esta realidade, resolver dúbidas e compartir experiencias coas persoas asistentes, así como para aquelas que poidan estar interesadas en formar parte do sistema de acollemento familiar.
A charla celebrarase o vindeiro 21 de xaneiro, ás 18.00 horas, no espazo infantil da Solaina.