Adxudicadas as obras de humanización da avenida de Portugal

OurenseXa
O investimento será de 5 millóns de euros en dúas actuacións que comprenderán, por un lado, o treito comprendido entre a rúa Marcelo Macías e a rúa Vila Valencia e o segundo o que vai desde Vila Valencia ata Ervedelo
avenida-de-portugal-ourense
Avenida de Portugal, imaxe de google maps
23 Apr 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou adxudicar as obras de humanización da Avenida de Portugal. Son dous proxectos que abranguen a totalidade da rúa: o primeiro inclúe o treito comprendido entre a rúa Marcelo Macías e a rúa Vila Valencia e o segundo o que vai desde Vila Valencia até Ervedelo, e suporán un investimento conxunto de máis de 5 millóns de euros.

Nos dous casos as obras serán executadas pola empresa Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales SL, por ser a que presentou a oferta con mellor relación calidade-prezo. A humanización desde Vila Valencia até Marcelo Macías adxudícase por un importe de 2.712.384,16 euros, IVE engadido, e a do treito que vai desde Ervedelo a Vila Valencia por 2.409.100,70 euros, IVE engadido.

Os dous proxectos serán financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, ao abeiro do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano (aprobado pola Orde ministerial TMA/892/2021, de 17 de agosto).

⚙ Configurar cookies
0.15771102905273