Adxudicado o contrato para dotar de abastecemento de auga aos núcleos de Xagrade e O Vilar, en Vilamarín

A Xunta, a través do organismo hidráulico Augas de Galicia, vén de adxudicar o contrato para dotar de servizo de abastecemento de auga potable aos núcleos de poboación de Xagrade e O Vilar, no concello de Vilamarín por máis de 210.00 euros, financiados a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
O contrato permitirá executar o proxecto deseñado polo Goberno local para captar auga dunha condución existente no concello veciño da Peroxa e derivar o caudal preciso para cubrir as necesidades da poboación deses dous núcleos de poboación.
Os traballos contan cun prazo de execución de tres meses e consistirán na execución da derivación para a captación de auga na condución existente, a instalación dun contador de medida, a canalización no cruzamento coa estrada N-540, a instalación de tubaxes baixo foxo nunha lonxitude aproximada de 2,5 quilómetros e a colocación de elementos auxiliares, válvulas, bocas de rego así como outros equipamentos necesarios para o seu correcto funcionamento.