AFAOR ofrece a terceira etapa dos “Obradoiros de Psicoestimulación e prevención do deterioro cognitivo”
A Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) en colaboración coa Concellaría de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, ofrecen a terceira etapa dos “Obradoiros de Psicoestimulación e prevención do deterioro cognitivo” destinados a persoas maiores válidas ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito ao longo do ano 2024, despois das exitosas convocatorias dos pasados anos 2022 e 2023.
A partir dos 60 anos empezanse a notar pequenos fallos de memoria que nos preocupan: onde deixei as chaves, ir a coller algo e esquecer o qué, apaguei a cociña?. Estes obradoiros son importantes xa que con eles traballase a memoria, atención, linguaxe e fluidez de maneira activa. Os obxectivos do obradoiro, van en liña de traballar o embexecemento activo. Trátase de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria, e a atención para mellorar as mesmas.
As sesión son moi prácticas e duran noventa minutos e trabállase persoalmente e en equipo. “Entre os tipos de actividades que se realizan destacan estimulación cognitiva, psicomotricidade, cálculo, razoamento, memoria, atención e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”. De esta maneira tamén aproveitamos para rachar coa soidade e creamos texido comunitario os poucos onde observar, contrastar, dialogar, divertirse, compartir experiencias positivas e negativas e animarse mutuamente. Estas actividades, ademáis de preventivas son actividades para gozalas e non para sufrilas.
Como na segunda etapa do ano 2023, o mes de marzo e parte de abril están adicados a campaña de difusión dos talleres e a buscar persoas interesadas entre a veciñanza.