Afundación instalará este martes no CHUO unha tenda solidaria a favor da Asociación Española Contra o Cancro

OurenseXa
Os produtos artesanais foron elaborados por persoas socias do Espazo +60 e a recadación doarase ao programa ‘O Carriño Don Amable’ da AECC de Ourense
tenda-solidaria-afundacion
26 May 2025

O Espazo +60 Afundación de Ourense celebrará mañá martes, 27 de maio, a súa tradicional ‘Tenda solidaria’. Como novidade, nesta ocasión celebrarase no propio Hospital Universitario de Ourense, un centro co que colabora habitualmente mediante iniciativas de voluntariado a través do Servizo de Atención ao Paciente e Humanización da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. O obxectivo é recadar fondos para ‘O Carriño Don Amable’ da Asociación Contra o Cancro de Ourense, un proxecto do programa de atención ao enfermo e á familia oncolóxica que se leva a cabo con persoas voluntarias especializadas na enfermidade nas plantas de oncoloxía do Hospital Universitario de Ourense e do Hospital do Barco de Valdeorras.

Os produtos que se poderán mercar na tenda solidaria, que estará aberta mañá martes 27 de maio de 10.00 a 19.00 horas, foron elaborados por persoas voluntarias participantes no «Obradoiro solidario» que se celebra durante todo o ano no Espazo +60 Afundación de Ourense. Posto en marcha no ano 1999, este obradoiro desenvólvese actualmente no marco do programa ‘O valor da experiencia’ da Área de Maiores da Obra Social de ABANCA, que ten como obxectivo potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades interxeracionais e de voluntariado. A actividade ten tamén como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promove a creatividade e a imaxinación á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación entre as persoas participantes.

⚙ Configurar cookies
0.1538507938385