Afundación Ourense presenta o cliclo de cine "Mulleres"

OurenseXa
As películas "La verdad", "Maixabel" y "Nomadland" son as escollidas para formar parte do cartel deste ano
Maixabel 1
Maixabel
6 Mar 2024

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta novamente, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, o ciclo de cinema «Mulleres» formado por películas nas que as mulleres son as protagonistas e nas que, nesta ocasión, retrátanse as vidas de Maixabel Lasa, viúva de Juan María Jáuregui, asasinado por ETA no ano 2000; de Fabienne Dangeville, unha estrela do cinema francés; e de Fern, unha muller que se enfronta á recesión de 2008. Trátase, en definitiva, dun ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres.

As películas La verdad, Maixabel y Nomadland son as escollidas para formar parte do cartel deste ano. Proxectaranse nas Sedes de Afundación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo entre marzo e abril.

Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende levar produtos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega de produtos non perecedoiros, coa suxestión de achegar nesta ocasión conservas, leite, aceite de xirasol ou alimentos infantís.

Proxeccións na sede Afundación de Ourense

  • 16 de abril ás 19.00 horas. "Maixabel" (Icíar Bollaín, 2021). Maixabel Lasa perde no ano 2000 ao seu marido, Juan María Jáuregui, asasinado por ETA. Once anos máis tarde, recibe unha petición insólita: un dos asasinos pediu entrevistarse con ela no cárcere de Nanclares da Oca (Álava), na que cumpre condena tras romper os seus lazos coa banda terrorista. A pesar das dúbidas e da inmensa dor, Maixabel accede a atoparse cara a cara coas persoas que acabaron a sangue frío coa vida de quen fora o seu compañeiro desde os dezaseis anos. Goya á mellor actriz, mellor actor de reparto e mellor actriz revelación.
  • 9 de abril ás 19.00 horas. "La verdad" (Hirokazu Koreeda, 2019).Fabienne Dangeville é unha das grandes estrelas do cinema francés, unha actriz que reina entre quen a ama e admiran, pero no seu mundo interior ten grandes conflitos con Lumir, a súa filla. Lumir viaxa co seu marido e filla a París cando se publican as memorias da súa nai. No encontro revelaranse verdades, aparecerán resentimentos e falarase de amor.
  • 23 de abril ás 19.00 horas. Nomadland (Chloé Zhao, 2020). Fern, despois de perdelo todo durante a recesión de 2008, abandona a súa cidade na zona rural de Nevada, toma a súa camioneta e unha caravana e ponse en camiño para explorar unha vida fóra da sociedade convencional, como unha nómade moderna. Óscar á mellor película, dirección e actriz, dous Globos de ouro, León de ouro á mellor película e 4 premios Bafta, entre outros galardóns.
0.11860799789429