AGADHEMO conmemora o Día Mundial da Hemofilia

OurenseXa
A Ponte Romana de Ourense iluminarase esta noite para sensibilizar sobre esta doenza, que afecta a máis de 300 persoas en toda Galicia
Dia_mundial_hemofilia
Día Mundial da Hemofilia
17 Apr 2024

Hoxe, 17 de abril, conmemórase o Día Mundial da Hemofilia, unha enfermidade que afecta a máis de 300 persoas en Galicia e máis de 3.00o en todaEspaña

Por iso, dende a Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), están a levar a cabo unha campaña unha campaña de visibilización coa iluminación de edificios públicos para sensibilizar sobre esta doenza. En Ourense, será a Ponte a Romana a que se iluminará tras o solpor para poñer en valor a necesidade de concienciar sobre esta enfermidade.

AGADHEMO leva máis de 35 anos loitando pola defensa dos dereitos das persoas con hemofilia e outras coagulopatías cara a súa plena integración. Entre os seus obxectivos están impulsar e promover a toma de conciencia por parte da sociedade e das institucións sobre a problemática da hemofilia, promover a afiliación á asociación das persoas e familias afectadas por algunha cooagulopatía conxénita e promover a integración, creación e promoción de centros laborais, educativos, ocupacionais e profesionais, incluídos os centros especiais de emprego.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18669104576111