Agustín Jiménez cancela o espectáculo previsto en Celanova por motivos persoais

OurenseXa
A función, que tiña previsto celebrarse este venres, queda adiada ata o 26 de xuño
CELANOVA agustin jimenez
14 Jan 2026

O humorista Agustín Jiménez cancela a función prevista para este venres, 16 de xaneiro, no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC).

O cómico alega “motivos persoais” e o seu espectáculo ‘Generacional’ dentro do formato ‘Comedia Non Stop’, queda adiado para o 26 de xuño ás 21:00 horas no AMIC.

Dende a organización piden desculpas polas molestias ocasionadas e explican que as entradas adquiridas serán válidas para a nova data e que, no caso de non poder asistir, os cartos serán devoltos.

⚙ Configurar cookies
0.083214044570923