Agustín Jiménez leva a Celanova o seu monólogo ‘Generacional’ dentro do ciclo ‘Comedia Non Stop’

O Auditorio Ilduara de Celanova (AMIC) acollerá o venres 16 de xaneiro unha nova cita co humor da man de Agustín Jiménez, que chega ao municipio co seu espectáculo ‘Generacional’ dentro do formato ‘Comedia Non Stop’.
A actuación está prevista para as 21.00 e propón unha noite de comedia en directo, cun monólogo no que o artista repasa, en clave humorística, situacións cotiás e diferenzas entre xeracións.
As entradas poden adquirirse de forma anticipada no establecemento Espolón e tamén a través da plataforma online.