Aitana Sánchez-Gijón aterriza no Teatro Principal de Ourense para presentar 'La Madre'
OurenseXa
A representación desta peza, escrita polo gañador dun Oscar, Florian Zeller e dirixida por Juan Carlos Fisher, terá lugar o vindeiro venres
15 sep 2024
Aitana Sánchez-Gijón, Juan Carlos Vellido, Alex Villazán e Julia Roch subiranse ao escenario do Teatro Principal de Ourense o vindeiro venres, 20 de setembro, para representar a función 'La Madre', escrita polo gañador dun Oscar, Florian Zeller e dirixida por Juan Carlos Fisher.
Sinopse
Pode unha nai amar demasiado? Existe un límite para ese amor? Que ocorre cando un fillo crece e vaise? Anne construíu a vida ao redor do seu fillo Nicolás e agora que se foi, está a sufrir a síndrome do niño baleiro e descubrindo o verdadeiro vínculo co seu marido.
Anne viviu para ela ou para os demais? Todo foi unha ficción sen sentido? As decisións que tomou perséguena. Hai tanto que quere dicir……