ALCER Ourense atendeu no que vai de ano a unhas 70 persoas na provincia de Ourense

OurenseXa
A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais de Ourense desenvolveu durante este 2024 o programa “Atención Social e Asesoramento Especializado II”
Porgrama “Atención Social e Asesoramento Especializado II” de ALCER Ourense
Porgrama “Atención Social e Asesoramento Especializado II” de ALCER Ourense
11 Dec 2024

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais (ALCER) de Ourense, recibiu este 2024, por parte da Xunta de Galicia, a través da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), os fondos dunha subvención vinculada ao 0,7% do IRPF que lle permitiron desenvolver o programa “Atención Social e Asesoramento Especializado II”.

Na última década, a Enfermidade Renal Crónica (ERC) aumentou case un 30% e de seguir a este ritmo actual de crecemento, acabará converténdose na segunda causa de morte no noso país. Coñecer os recursos existentes para as persoas con enfermidade renal e o acompañamento, a elas e ás súas familias, axudan no proceso de adaptación á enfermidade, xa que se pode traballar por medio de ditos recursos e mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica e da súa contorna.

Por elo a entidade ofrece, dende comezos de ano, información e asesoramento a persoas con enfermidade renal, en estadios iniciais da enfermidade como a persoas en estadios máis avanzados xa en tratamento renal substitutivo, e familiares. No que levamos de ano chegouse a arredor de 70 persoas da provincia de Ourense.

O requirido vai dende información sobre a tramitación do certificado de discapacidade, bonos de desconto (por exemplo unha tarxeta de estacionamento para persoas que acoden a diálise), información relacionado co cambio na súa situación laboral así como demandas de servizos tan específicos como o de nutrición ou psicoloxía, entre moitas outras consultas.

A entidade ALCER Ourense, asociación de carácter sanitario e social, non lucrativa e declarada de utilidade pública, leva desenvolvendo o seu traballo na nosa cidade dende o ano 1982, contribuíndo na axuda moral e física de todas aquelas persoas afectadas pola enfermidade renal crónica como os seus familiares, parte fundamental durante o proceso da enfermidade.

⚙ Configurar cookies
0.25936508178711