Alcer Ourense conmemora o Día Mundial do Doante de Órganos

OurenseXa
A asociación instalará varios postos informátivos durante a xornada deste mércores para rendir homenaxe a todas as persoas doantes e ás súas persoas familiares e concienciar sobre a importancia da doazón de órganos
Alcer Ourense conmemora o Día do Doante de Órganos
5 Jun 2024

Este mércores, 5 de xuño, conmemórase o Día Mundial do Doante de Órganos.Por iso, a Unión de Transplantados de Órganos sólidos, entre as que está Alcer e as súas entidades membro, xúntanse a esta campaña baixo o lema “Suma vida, multiplica vidas”, co obxectivo de  rendir homenaxe a todas as persoas doantes e ás súas persoas familiares, así como sensibilizar nesta labor de todas e de todos, "xa que a doazón dun corpo pode chegar a salvar ata 8 vidas", sinalan desde a asociación.

Nesta liña, a delegación de Alcer en Ourense organiza durante a xornada deste mércores varias mesas informativas que se situarán nos vestíbulos do Hospital de Cristal, do Hospital Santa María Nai e do Novo Hospital e que contarán coa presenza de personal sanitario de varios servizos do CHUO e da Oficina de Coordinación e Trasplantes de Ourense.

Segundo datos da ONT a nivel estatal, durante 2023 os 2.346 doantes falecidos e os 435 doantes vivos supuxeron un aumento do 7% e do 24%, respectivamente, con respecto ao ano previo. Con todo, aínda persiste un importante número de persoas en lista de espera. Aínda existe un número importante de persoas en lista de espera 4.790 persoas en lista de espera no Estado e 216 persoas en Galicia esperaban un órgano para poder vivir ou manter o seu proxecto vital no 2023.

Os datos da ONT amosan que en 2023 aumentaron os transplantes un 9% alcanzando un total de 5861 transplantes en toda España. Este alto nivel de actividade alcanzouse grazas ás 2.346 persoas que doaron os seus órganos tras falecer, o que sitúa a taxa de doazón en 48,9 doantes p.m.p., e ás 435 persoas que doaron un ril (433) ou parte do seu fígado (2) en vida. Estes datos supoñen un crecemento do 7% en doantes falecidos e un 24% en doantes vivos con respecto ao ano previo. En Galicia realizáronse 331 transplantes no período do 2023: 4 de páncreas, 49 de pulmón, 22 de corazón, 168 de ril e 88 de fígado.

Desde o ano 1981 ata o ano 2023 realizáronse 9950 transplantes. Etse ano xa se consegui a cifra dos 10.000, grazas ao xesto altruísta de máis de 3000 persoas doantes.

A Federación Alcer Galicia, formada polas entidades Alcer das 4 provincias, súmase á campaña e reivindica a necesidade de accións comúns entre as entidades sociosanitarias e a administración pública. "A mensaxe da doazón consideramos que non pode ir por traballo singulares senón por traballos plurais, en rede, coordinados para que cheguen ao maior número de persoas posible para manter unha canteira de persoas doadoras concienciadas e autónomas na súa decisión". Ademáis, reclaman que "que a trasnmisión da mensaxe ao longo dos 365 días do ano sexa unha acción coordinada entre todos os axentes que formamos parte deste entramado e responsabilidade social e de futuro".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19452905654907