ALCER Ourense organiza un obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica

OurenseXa
A través deste tipo de iniciativas, ALCER pretende concienciar sobre o control da tensión arterial como un dos pilares principais na prevención e coidado na enfermidade renal
alcer-obradorio-nutricion
ALCER Ourense organizou un obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica (ERC)
14 Maio 2024

ALCER Ourense organizou un obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica (ERC) en colaboración co Escola Galega de Saúde (EGSC), a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e o CHUO. Para elo contaron coa nutricionista da propia entidade, Ángela Oliveira, que impartiu en taller teórico práctico de alternativas ao sal.

Dende AlCER lembran que son moitos os pacientes que saen das consultas médicas cunha restrición total ou parcial do sal. O control da tensión arterial non só é necesario para os pacientes renais, senón tamén, por exemplo, para os pacientes con enfermidade cardíaca. Cando a recomendación no consumo do sal baixa, indican, a sensación do paciente é de “falta de estímulos” hacia os alimentos, un cociñado máis aburrido, sinxelo e unha dieta patoloxizada para sempre; o que pode resultar por un lado, en pacientes que non comen o suficiente, ou por otro lado, pacientes que disfrutan “o seu final”, descontrolando as súas inxestas e perxudicando a súa condición durante anos.

O obxectivo deste obradoiro foi dar luz verde a moitos alimentos que si se poden consumir, estimular a creatividade na cociña e desfrutar dun momento tanto familiar como dun mesmo.

Na primeira parte do obradoiro explicouse a fisioloxía da cascada hormonal producida en fígado-ril, que aínda que pareza un tema moi específico, os pacientes entenden perfectamente os conceptos xa que tratan dia a dia coa súa enfermidade e os medicamentos correspondentes. Unha das decisións tomadas este ano como obxectivo pola profesional da asociación é dar ferramentas para que non sexan pacientes pasivos e tomen as rendas da súa enfermidade, o que resultará en mellores tomas de decisións na súa rutina diaria como a importante e correcta toma de medicación.

A segunda parte do obradoiro foi unha viaxe de historia e sabor de diferentes salsas e especias onde os asistentes comprobaron a sinxela forma de engadir novos sabores aos seus pratos, esquecendo o sal durante toda a tarde.

A enfermidade renal é unha enfermidade que afecta o funcionamento dos riles e trae consigo moitas dúbidas, entre as que se atopan as nutricionais. O control da tensión arterial é un dos pilares principais na prevención e coidado na enfermidade renal, fomentar hábitos de vida saudables, desfrutar, ser conscientes e tomar as rendas das situacións é fundamental para un bo control e elección dos alimentos.

ALCER Ourense é unha asociación sen ánimo de lucro, con máis de 40 anos de experiencia na atención das persoas con enfermidade renal crónica na provincia de Ourense, e que conta con servizos como o de información e asesoramento social, grupos de apoio, axudas para compra a persoas con enfermidade renal sen recursos ou consulta nutricional, entre outros.

0.15754795074463