ALCER Ourense organiza unha gran festa infantil este sábado no Paco Paz

OurenseXa
Será unha xornada de xogo e diversión en solidariedade coas persoas con enfermidade renal
diverti-alcer-ourense
15 Oct 2025

A Asociación Ourensá de Loita Contra as Enfermidades Renais (ALCER) organiza este sábado 18 de outubro unha xornada de ocio familiar nas instalacións do Paco Paz, que se desenvolverá entre as 16:30 e as 19:30 horas.

O evento, pensado para nenos e nenas acompañados das súas familias, incluirá xogos, inchables, unha visita especial e, como novidade, unha exhibición de coches clásicos de rallye, xunto a outras actividades sorpresa. Ademais, ofrecerase unha merenda saudable adaptada a diferentes necesidades alimentarias, como opcións sen lactosa, sen glute e aptas para dietas renais.

Os fondos recadados destinaranse a manter os servizos de información, atención social e nutrición que ALCER Ourense ofrece desde hai máis de catro décadas, tanto a pacientes con enfermidade renal crónica como ás súas familias.

⚙ Configurar cookies
0.088108062744141