Alcohólicos Anónimos inaugura este venres un novo grupo en Celanova

OurenseXa
O acto está aberto ao público e terá lugar ás 19:00 horas na Casa do Concello
alcoholicos-anonimos-celanova
3 Mar 2026

Alcohólicos Anónimos inaugurará este próximo venres, 6 de marzo, un novo grupo de recuperación do alcoholismo en Celanova. A xornada comezará cunha mesa informativa no Centro de Saúde de Celanova, que estará dispoñible pola mañá, e continuará cun acto inaugural no Local dos Arcos, na Casa do Concello.

A inauguración terá lugar ás 19:00 horas e está aberta ao público. Ademais, contará como invitada de honra coa asociación Al-Anón, creada para a recuperación dos familiares e amigos de persoas alcohólicas, seguindo o mesmo modelo de Alcohólicos Anónimos.

O obxectivo desta iniciativa é achegar unha mensaxe de esperanza ás persoas afectadas polo alcoholismo e ás súas familias. Por iso, desde Alcohólicos Anónimos ofrecen un programa de recuperación de asistencia libre, gratuíto e confidencial, compatible con calquera outro tipo de terapia ou tratamento.

0.12972593307495