Allariz abre o prazo para participar no Mercado de Artesanía “Arte de Man” 2025

O Concello de Allariz vén de abrir o prazo para solicitar posto no Mercado de Artesanía “Arte de Man” 2025, que se celebrará o 7 de setembro na Praza de Santo Estevo.
A convocatoria está dirixida a artesáns que queiran mostrar e vender produtos feitos á man. Buscan creacións artesanais e de elaboración propia, valorando a calidade, a singularidade e a demostración en vivo do oficio.
As inscricións estarán abertas ata o 30 de xullo ás 14:00 horas e pódense presentar a través da Sede Electrónica do Concello ou no Rexistro Municipal.