Allariz acolle en febreiro un curso gratuíto sobre intelixencia artificial dentro do Programa Reto Dixital

Allariz acollerá a finais deste mes de febreiro unha nova edición dos cursos do Programa Reto Dixital, unha iniciativa gratuíta dirixida a mellorar as competencias dixitais da poboación.
Dentro da programación prevista, os días 23, 24 e 25 de febreiro celebrarase o curso “Dominio da IA para multiplicar o teu contido”, centrado no uso da intelixencia artificial. A formación terá lugar na Casa da Mocidade de Allariz, en horario de 18:00 a 20:30 horas, e as persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico participa@allariz.gal
.