Allariz acolle este domingo o espectáculo familiar “Os contos do Lobicán”

A Casa da Cultura de Allariz será escenario este domingo, 21 de decembro, do espectáculo ‘Os contos do Lobicán’, da compañía Redrum Teatro, unha proposta de teatro familiar pensada para que tanto nenos como adultos poidan desfrutar durante as festas de Nadal.
A función comezará ás 18:30 horas e ofrecerá ao público unha historia chea de humor e imaxinación, ideal para compartir en familia.
As entradas xa están á venda na Casa da Cultura, cun prezo de 2 euros para persoas con tarxeta de cidadán e de 3 euros para quen non dispoña dela. Unha oportunidade accesible para gozar do teatro en Allariz nestas datas tan sinaladas.