Allariz acolle este domingo o monólogo ‘Elas’ con motivo do 25N

OurenseXa
A proposta está dirixida a público adulto e pretende ofrecer un espazo para a reflexión e o diálogo arredor da loita contra as violencias machistas
25N-ALLARIZ
18 Nov 2025

Con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Allariz programa para este domingo, 23 de novembro, o monólogo ‘Elas’. A actividade terá lugar ás 18:30 horas na Casa da Cultura, con entrada libre ata completar aforo.

A proposta está dirixida a público adulto e pretende ofrecer un espazo para a reflexión e o diálogo arredor da loita contra as violencias machistas, coincidindo coa conmemoración do 25N.

O evento busca contribuír á sensibilización social e á creación de contornas máis seguras e igualitarias para todas as mulleres.

⚙ Configurar cookies
0.076776027679443