Allariz acolle este domingo unha proposta artística familiar dentro do V Ciclo de Artes Vivas de Mediación e Exhibición

OurenseXa
Trátase da mostra ‘NGOMA // LA GUAJIRA’, dirixida a público familiar
artes-vivas-allariz
3 Jan 2026

A Casa da Cultura de Allariz será escenario este domingo, 4 de xaneiro, da actividade NGOMA // LA GUAJIRA, unha mostra acompañada de coloquio que forma parte do V Ciclo de Artes Vivas de Mediación e Exhibición.

A cita terá lugar ás 18:30 horas e está dirixida a público familiar cun prezo de 2 euros para persoas con tarxeta de cidadán e 3 euros sen ela.

A actividade enmárcase na programación de Nadal do Concello de Allariz e propón un espazo de encontro arredor do proceso creativo para compartir en familia nestas datas.

⚙ Configurar cookies
0.093280076980591