Allariz acolle este sábado un espectáculo de música e movemento

OurenseXa
Trátase de ‘Ecos’, una proposta artística para piano e corpo de Alejandra Balboa e Jessica Wright
espectaculo-ecos-allariz
26 Feb 2026

A Casa da Cultura de Allariz acollerá este sábado, 28 de febreiro, un concerto que combina música e movemento nunha proposta artística única. O espectáculo, titulado ‘Ecos’ contará coa actuación de Alejandra Balboa e Jessica Wright e comezará ás 19.00 horas.

A entrada será de balde, e a iniciativa promete un encontro emocionante entre o son do piano e a expresión do corpo, unha combinación que pretende ofrecer ao público unha experiencia sensorial e artística distinta.

0.13642501831055