Allariz acolle un novo Roteiro Temático este sábado

OurenseXa
É a quenda da Lingua das Bolboretas, onde se lembrará a película e exploraranse as escenas e lugares que foron parte desta produción en Allariz
cartel do roteiro tematico
Cartel
19 Xul 2024

O sábado 20 de xullo, a localidade de Allariz acolle un novo Roteiro Temático, que terá lugar ás 20.30 horas con saída desde a Oficina de Información.

Os Roteiros temáticos é unha iniciativa do Concello, que consiste nunha serie de visitas temáticas, programadas para levarse a cabo o terceiro sábado de cada mes, teñen como obxectivo establecerse como unha actividade permanente tras unha primeira edición moi satisfactoria. Cun enfoque na calidade sobre a cantidade, cada grupo estará composto por un máximo de 20 persoas, permitindo unha experiencia máis íntima e significativa. A duración estimada de cada visita será de 90 minutos, con saída e chegada desde o punto de encontro na Oficina Municipal de Turismo, a un custo de 3 euros por persoa sen tarxeta cidadá e 2€ con tarxeta cidadá.

O propósito fundamental destas visitas é dar a coñecer a riqueza do amplo e variado patrimonio de Allariz, tanto aos visitantes como aos residentes locais. Ademais, búscase fomentar que os visitantes pasen polo menos un día en Allariz durante o fin de semana, contribuíndo así ao desenvolvemento económico e turístico.

Este mes é a quenda da Lingua das Bolboretas, onde se lembrará a película e exploraranse as escenas e lugares que foron parte desta produción en Allariz, contextualizando eses momentos nun período histórico crucial.

0.2061460018158