Allariz acolle unha nova sesión de Canticontos baixo o título "Elas Contan"

OurenseXa
A sesión, pensada para crianzas de 3 a 8 anos, será este mércores e as persoas interesadas aínda poden anotarse
canticontos-getse-valenzuela-allariz
10 Mar 2026

Este mércores 11 de marzo, a Biblioteca Municipal de Allariz volverá a acoller unha nova sesión de canticontos, neste caso centrados na igualdade. A actividade, titulada “Canticontos - Elas Contan”, estará conducida por Getse Valenzuela, que dará vida a historias nas que as protagonistas son nenas e mulleres, poñendo en valor o seu papel a través da narración oral.

A sesión, pensada para crianzas de 3 a 8 anos, dará comezo ás 17:30 horas. As prazas son limitadas, polo que os interesados deberán reservar a súa participación chamando ao 988 440 859 ou enviando un correo a cultura@allariz.gal.

Con esta iniciativa, o Concello de Allariz pretende achegar á infancia á literatura e á música, ao tempo que fomenta valores de igualdade e respecto na sociedade desde unha idade temperá.

0.12806987762451