Allariz acollerá a primeira proba do programa ‘Rumbo’ o domingo 29 de xuño

OurenseXa
Trátase dunha iniciativa da Deputación de Ourense que combina deporte, natureza e aprendizaxe para todos os públicos
allariz-recurso
Vila de Allariz
11 Jun 2025

O vindeiro domingo 29 de xuño, ás 11:00 horas, Allariz será o escenario da primeira proba do programa ‘Rumbo’, unha iniciativa promovida pola Deputación de Ourense que mestura deporte, natureza e aprendizaxe, aberta a todas as persoas.

A actividade desenvolverase na Alameda e no centro histórico da vila, onde as persoas participantes deberán percorrer diferentes puntos do municipio buscando balizas con axuda dun mapa, ao tempo que superan pequenos retos e gozan da contorna natural. Ademais, haberá xogos de orientación especialmente deseñados para o público infantil.

A inscrición é totalmente gratuíta e pode facerse a través da web oficial: www.rumbo.gal.

Desde o Concello animan á veciñanza e visitantes a participar nesta actividade lúdico-deportiva e a descubrir Allariz dun xeito diferente

⚙ Configurar cookies
0.31529998779297