Allariz acollerá a próxima semana un curso para mellorar as competencias dixitais

OurenseXa
Será do 2 ao 4 de febreiro na Casa da Mocidade
Uso móvil xenérica
29 Jan 2026

Allariz acollerá do 2 ao 4 de febreiro o curso gratuíto “O meu móbil, fiestra ao mundo dixital”, unha iniciativa enmarcada dentro do Programa Reto Dixital, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. O curso impartirase na Casa da Mocidade en horario de 18:00 a 20:30 horas e está dirixido a mellorar as competencias dixitais da cidadanía, especialmente no entorno rural.

Ademais deste primeiro taller, o programa inclúe outras formacións gratuítas como cursos sobre seguridade e benestar dixital para menores, que terán lugar do 9 ao 11 de febreiro; un obradoiro para dominar a intelixencia artificial e potenciar a creación de contidos, programado para os días 23, 24 e 25 de febreiro; e un curso de autonomía dixital, que axudará a dar os primeiros pasos na realización de trámites en liña, que se celebrará do 2 ao 4 de marzo, todos no mesmo horario e lugar.

As inscricións permanecerán abertas ata este xoves, polo que quen estean interesados en participar poden poñerse en contacto co Concello para reservar a súa praza.

⚙ Configurar cookies
0.093919992446899