Allariz acollerá dous cursos de formación gratuíta para desempregados en outubro

OurenseXa
A Aula F da Fundación Ramón González Ferreiro ofrecerá un curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes e outro de arranxos e adaptacións de prendas e artigos téxtiles
21 Sep 2025

A Aula F da Fundación Ramón González Ferreiro, en Allariz, ofrecerá durante o mes de outubro cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas que busquen mellorar as súas oportunidades laborais.

Entre as opcións dispoñibles atópase a formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes, homologada pola Xunta de Galicia, que permitirá aos participantes adquirir competencias para traballar co coidado de persoas en situación de dependencia.

Ademais, impartirase un curso de arranxos e adaptacións de prendas e artigos téxtiles, único na provincia, que inclúe prácticas en empresas do sector. Esta formación combina teoría e práctica para facilitar a inserción laboral e dotar aos alumnos de experiencia real no mercado de traballo.

⚙ Configurar cookies
0.10079598426819