Allariz acollerá este domingo a proxección do documental ‘A luz das ánimas’

OurenseXa
A peza propón unha viaxe ao mundo dos petos de ánimas, os pequenos altares que se conservan en múltiples recunchos do territorio
allariz-a-luz-das-animas
10 Dec 2025

O vindeiro domingo 14 de decembro, ás 20.00 horas, a Aula Cantarela de Allariz será o escenario da proxección de ‘A luz das ánimas’, un documental dirixido por Sergio Santos Otero e producido polo proxecto lembrame.gal, unha iniciativa sen ánimo de lucro dedicada á difusión do patrimonio cultural galego a través de pequenas reportaxes audiovisuais.

A peza propón unha viaxe ao mundo dos petos de ánimas, os pequenos altares que se conservan en múltiples recunchos do territorio. Para explorar o seu contexto histórico e simbólico, o filme recorre ao testemuño dun historiador, un xornalista, varios investigadores e unha restauradora, quen explican a orixe, uso e importancia destas construcións como expresión da memoria e da devoción popular.

O documental, que se presentou por primeira vez no OUFF 2025, chega agora a Allariz dentro das actividades de divulgación promovidas pola plataforma.

⚙ Configurar cookies
0.081751108169556