Allariz acollerá un curso gratuíto de produción agraria ecolóxica e sostibilidade

OurenseXa
As inscricións xa están abertas e o curso terá lugar do 25 de agosto ao 3 de outubro
tomates-recurso
18 Aug 2025

O Concello de Allariz colaborará no proxecto ECOBIOS NEXT para impartir un curso gratuíto de produción agraria ecolóxica e sostibilidade dirixido a persoas en situación de desemprego.

A formación desenvolverase na localidade entre o 25 de agosto e o 3 de outubro en modalidade mixta, con 75 horas presenciais e 25 horas en liña. As sesións presenciais terán lugar de 8:00 a 14:00 horas.

O curso contará cun máximo de 10 prazas e inclúe visitas, sesións prácticas e contidos adaptados ás necesidades laborais do sector na zona.

As inscricións xa están abertas e poden realizarse escaneando o código QR do cartel informativo ou contactando directamente coa organización.

Segundo sinalan dende o Concello, esta iniciativa pretende contribuír á formación e inserción laboral no ámbito rural, apostando por un modelo de produción máis sostible.

⚙ Configurar cookies
0.15939378738403