Allariz acollerá unha nova edición da Orientaventura en familia este domingo

OurenseXa
A proposta, dirixida a todos os públicos, será unha oportunidade de conectar coa natureza e colaborar en grupo, nun ambiente lúdico e participativo
orientaventura-allariz
22 May 2025

O vindeiro domingo 25 de maio celebrarase no Fogar dos Maiores de Allariz unha nova edición da Orientaventura da corresponsabilidade en familia, unha actividade pensada para gozar do tempo de lecer ao aire libre e fomentar valores familiares.

A proposta, dirixida a todos os públicos, dará comezo ás 11:00 horas e desenvolverase en equipos de entre 2 e 6 persoas. A través dun percorrido de orientación, os participantes terán a oportunidade de conectar coa natureza e colaborar en grupo, nun ambiente lúdico e participativo.

As prazas son limitadas e as inscricións poden formalizarse no correo electrónico fogardosmaiores@allariz.gal ata esgotar a capacidade. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 988 554 059 ou 683 614 691.

A Orientaventura enmárcase nas accións de promoción da corresponsabilidade e do tempo compartido en familia, e busca ofrecer unha alternativa de ocio saudable e educativa no concello.

⚙ Configurar cookies
0.15899801254272