Allariz acollerá unha nova sesión de Canticontos con motivo do Entroido

OurenseXa
A proposta terá lugar o próximo mércores e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos
canticontos-getse-valenzuela-allariz
30 Jan 2026

A Biblioteca Municipal de Allariz acollerá o mércores 4 de febreiro a actividade ‘Canticontos. É tempo de Entroido!’, a cargo de Getse Valenzuela. A proposta está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos e desenvolverase a partir das 17.30 horas.

A iniciativa forma parte da programación cultural municipal e combina narración oral e música arredor da temática do Entroido, co obxectivo achegar esta celebración tradicional ao público infantil dunha forma lúdica e participativa.

A actividade require inscrición previa, que permanecerá aberta ata completar o aforo. As persoas interesadas poden inscribirse a través do teléfono 988 440 859 ou do correo electrónico cultura@allariz.gal
.

⚙ Configurar cookies
0.090161085128784