Allariz celebra “A Fornada 2025”: pan, tradición e música popular no corazón do Mato

OurenseXa
O evento dará comezo cun obradoiro infantil de bolos de pan para pór en valor as técnicas tradicionais
fornada-allariz
24 Jul 2025

O vindeiro sábado 2 de agosto, o Concello de Allariz convida á veciñanza e visitantes a gozar dunha nova edición de A Fornada, unha festa que mestura tradición, cultura e sabor nunha das citas máis singulares do verán ourensán.

O evento desenvolverase no espazo do Mato e dará comezo ás 19.30 horas cun obradoiro infantil de bolos de pan, pensado para que os máis pequenos poidan descubrir, dun xeito lúdico, o valor do pan feito con agarimo e técnicas tradicionais.

Ás 20.00 horas será a quenda da música coa actuación da agrupación de Pé Feito, seguida polos Cantos de Taberna a cargo do grupo Xolda, que achegarán sons tradicionais e moita festa ao ambiente.

Como colofón, a partir das 22.30 horas, celebrarase unha Foliada Popular, aberta á participación de músicos e bailadores, recuperando o espírito das xuntanzas comunitarias de outrora.

 

⚙ Configurar cookies
0.16025686264038