Allariz celebrará o Entroido de 2026 do 5 ao 18 de febreiro cun intenso programa de actividades

O Concello de Allariz vén de presentar o programa oficial do Entroido 2026, que se celebrará do 5 ao 18 de febreiro. A programación inclúe unha variedade de actividades para todas as idades, con pasarrúas, festas, música, tradicións e concursos que encherán as rúas da vila durante estes días.
A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, xunto co concelleiro de Cultura, Alberto Conde, e o persoal técnico do área de Cultura, destacaron a importancia do Entroido como unha festa de participación veciñal e de dinamización social e cultural.
O Entroido de Allariz comezará oficialmente o xoves 5, Día de Compadres, cun pasarrúas dos Gaiteiros de Pé Feito. A seguinte semana, celebrarase o Xoves de Comadres con outro pasarrúas protagonizado pola charanga Achicoria. O programa continuará co Entroido na Rúa, que inclúe un pasarrúas con Os Encerellados e unha verbena na Praza Maior.
Durante o domingo 15 está previsto un pasarrúas coa charanga Alambique, mentres que o luns 16 estará dedicado á rapazada con unha festa infantil e a tradicional Cachuchada organizada pola Asociación Cultural Xan de Arzúa, seguida dun pasarrúas nocturno.
O martes 17 celebrarase o Baile de Entroido e o Concurso de Comparsas, que contará con premios para as mellores propostas en orixinalidade, elaboración e escenificación. A programación pecharase o mércores 18 coa tradicional Queima do Meco tras o Pranto de Entroido, que partirá da Praza Maior ata o Campo dos Brancos.
PROGRAMA COMPLETO DO ENTROIDO DE ALLARIZ