Allariz celebrou esta fin de semana o Día das Bibliotecas con “Os Descontacontos”

OurenseXa
As familias da vila gozaron dunha tarde de contos, humor e imaxinación da man de Galitoon Teatro
os-descontados-allariz
Imaxe da función "Os Descontados"
27 Oct 2025

Allariz conmemorou este sábado o Día das Bibliotecas cunha tarde cargada de contos, humor e imaxinación. O espectáculo “Os Descontacontos”, da man de Galitoon Teatro, encheu a Casa da Cultura de familias que disfrutaron dunha actividade moi especial.

Durante a xornada, os libros e a creatividade foron os protagonistas, ofrecendo aos asistentes unha experiencia lúdica e educativa que fomentou o gusto pola lectura e a participación en actividades culturais.

⚙ Configurar cookies
0.074167966842651